Anpa Ceip de Curtis

Anpa Ceip de Curtis

domingo, 10 de noviembre de 2013

CARREIRA PEDESTRE

 
O pasado día 26 de outubro, a Anpa animou a tódolos nenos do colexio a colaborar coa Anpa do CEIP de Présaras para loitar por un ENSINO DIGNO NO RURAL. A colaboración non foi numerosa pero si moi eficaz. Só participamos na categoría de Prebenxamin, con un merecidísimo segundo posto de Mireya Sánchez García de segundo curso, en Benxamin quedamos primeiros con un só participante Adrián Varela Sánchez de cuarto curso e por último na categoria Alevín tamén obtivemos un super segundo posto, con Brais Castro Sánchez de sexto curso.
Como non a Anpa tamén participou na categoria absoluta coa nosa vogal Mª Carmen Cernadas( nai de Noa 2º). E sen contalo tamén resultamos gañadores na categoria Xuvenil con Yaiza Miraz Váquez con un merecido primeiro posto.
A xornada foi moi divertida e emocionante, terminando con moitas ganas de repertir noutras carreiras.


viernes, 1 de noviembre de 2013

Hola a todalas familias:
Estamos tendo un pouco de problemas para colgar e informar a través do Blog, pero esperamos poñernos as pilas enseguido.
Saúdos a todos.

domingo, 27 de octubre de 2013


ANPA CEIP CURTIS

Estimadas familias:

 

            Respecto ós pedidos de uniformes e chandals comentados na reunión de setembro, dende a Anpa plantexamos as seguintes solucións:

            Tendo en conta que o CEIP Curtis é un colexio público e, polo tanto, non se pode impoñer o uso de uniformes, trátase dunha opción voluntaria, as familias terán a posibilidade de solicitar o uniforme. Dende a Anpa agardamos que todas as familias se unan a esta iniciativa, aínda que é decisión individual de cada unha. Nós só tramitamos os pedidos e faremos as entregas. O modelo de uniforme estará esposto no tablón de anuncios do colexio. Este estará basado na cor vermella, como era común no chandal do colexio.

            Como comunicamos na reunión de setembro, o ano pasado houbo poucos pedidos de chándal, motivo polo cal pensamos en cambiar o chándal para o de DECATLON, que é o máis abundante do colexio, tamén en cor vermello e negro. De todas formas, mantense a disposición o antigo chándal por si a algunha familia lle interesase compralo.

            A continuación vai unha taboa de pedido, donde cada familia marca o que desexa. Os prezos son por prenda e tódalas veñen serigrafiadas. Se facemos un pedido grande poden baixar algo algún prezo. Esta taboa será entregada no buzón ou os membros da Anpa. Plazo de entrega ata o 31 de outubro.

            Esperamos que todo sexa do voso agrado.

UNIFORMES
NENA
NENO
 
Talla
Cantidade
 
Talla
Cantidade
Falda con tirantes 13,5€
 
 
Pantalón uniforme 16€
 
 
Falda sin tirantes 15€
 
 
Camisa uniforme 13€
 
 
Camisa Uniforme 13€
 
 
Xersei 10€
 
 
Xersei 10€
 
 
 
 
 
* Tódalas prendas de uniformes son tallas de 3/12 anos
CHANDALS
 
Talla
Cantidade
Chándal Decatlón Tallas de 3/12 a 11€
 
 
Pantalón Chándal Decatlón Tallas 3/12 a 6€
 
 
Antiguo Chándal Tallas 3/8 a 16€
 
 
Antiguo Chándal Tallas 10/12 a 18€
 
 
Sudadeira Deportes Tallas 3/12 a 9,5€
 
 
Pantalón corto deporte Tallas 3/12 a 7,5€
 
 
OUTRA PRENDAS
 
Talla
Cantidade
Parka Europa Tallas 3/12 a 22€
 
 
Polo M/C Blanco ou Rojo  Tallas 3/12 a 7,5€
 
 
Polo M/L Blanco ou Rojo  Tallas 3/12 a 8€
 
 
Camiseta M/C Blanco Tallas 3/12 a 3€
 
 

 

Nome e Apelidos:______________________________________________________

Curso:_____________________